#03 Pola Base

Editorial

POR UN NACIONALISMO REVOLUCIONARIO

O Dia da Patria é un bo momento para facermos unha reflexión sobre o rumbo do movemento nacionalista, e para que cada quen expoña as súas propostas ao respecto. Nós, como organización socialista e de clase que actúa no seo do movemento nacional e
popular do noso país, entendemos o nacionalismo galego como un movemento que debe ter un carácter fondamente transformador e rupturista, comprometido coa subversión da orde vixente, que aposte pola construción dun novo modelo socio-económico xusto e democrático que só é realizábel nun marco de plena soberanía para o noso país. Un movemento que sexa, por tanto, nidiamente revolucionario, con todo o que iso implica.

A dirección do BNG, tristemente, parece por contra ter abandonado -non só a nivel simbólico e de discurso, mais tamén na praxe diaria- esta mensaxe histórica do nacionalismo, substituíndoa pola mera
xestión do existente, pola evidente confusión entre medios e fins, coa disolución do discurso en xeneralidades do tipo “aumento do autogoberno”, “cesión de competencias” e demais retórica autonomista que non cuestiona o cerne dos problemas. A orixinaria alianza das clases populares (que en orixe era o BNG) e o discurso
centrado nestas foi substituído, ao fin, por unha mensaxe que nega as contradicións entre clases sociais. Como consecuencia de todo isto, unha das prioridades da actual dirección nacionalista, e que leva até a obsesión, é a de non aparecer publicamente como unha forza “radical”, ou antisistema, asimilando imaxe e discurso á dos partidos políticos convencionais.

A nosa aposta, como dicimos, é precisamente a contraria, pois pensamos que a extensión social deste proxecto político emancipador e fondamente revolucionario do nacionalismo popular galego non se conseguirá ocultándolle ao pobo cales son os nosos
obxectivos estratéxicos nin renunciando ás nosas bandeiras históricas. Con pedagoxía política, evitando caer no ideoloxismo e ofrecendo respostas ás demandas sociais, apoiando e dinamizando as loitas populares, é posíbel acadar avanzos, mobilizar e organizar
máis homes e mulleres sen renunciar ao que pensamos. Do contrario, caeremos nun círculo vicioso: aprazaremos sine die a realización e mesmo a difusión do noso proxecto político porque “o pobo non está preparado”, mais ao mesmo tempo renunciamos a
ser nós quen o “prepare” difundindo e explicando sen complexos cal é o noso proxecto para este país.

A inevitábel xestión do marco existente (con vontade transformadora) e a participación institucional (entendida como subordinada ás loitas sociais e non á inversa) non son para nós incompatíbeis coa defensa do noso horizonte estratéxico, senón necesariamente complementarios deste. Igualmente, as pequenas conquistas e avances do día a día, as loitas cotiás concretas,
poden e deben ser ligadas cos nosos obxectivos estratéxicos de transformación social e liberación nacional. Poucos dos problemas que sofren os traballadores e traballadoras, o noso territorio, o noso idioma e cultura, etc. poden ser desligados da realidade de depen-
dencia colonial e dominio do capital que padecemos.

Comparte:

Share on facebook
Share on twitter
Share on whatsapp
Share on telegram

As últimas entradas

O BNG e a Cidade da Cultura

Documento elaborado polo Movemento Pola Base en 2008 trátase dun documento que incide na necesidade dunha análise demorada por parte da dirección política do BNG do proxecto do Goberno Autonómico na altura sobre continúar adiante co proxecto de “remodelación” da Cidade da Cultura.